Voluntariado Ambiental na Illa de Ons

124-f-LOGO PROGRAMA ONS2014PEQUE

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado en colaboración coa Dirección Xeral de Conservación da Natureza poñen en marcha por segundo ano consecutivo o programa de voluntariado ambiental no Parque nacional das Illas Atlánticas.

O programa de voluntariado ten como obxectivo principal sensibilizar e infundir nos participantes criterios e coñecementos básicos sobre a concienciación medioambiental e a recuperación de ecosistemas no Parque Nacional (Illa de Ons).

As actividades a realizar polos participantes no programa están establecidas polos técnicos do propio Parque Nacional, e centraranse especialmente na oceanografía e recursos mariños, fauna, flora e biodiversidade das illas do Parque.

O programa desenvolverase en quendas de 5 días, de luns a venres, e está concibido como un campo de traballo para grupos formados por 6 voluntarios.

Se estás interesado neste programa preme a seguinte ligazón para obter máis información e para cubrir a folla de inscrición.