VII Andaina Concello de Salceda

 

Xa se encontra aberta a inscrición para participar na VII edición da andaina “Concello de Salceda”, que como cada ano organiza o C.S. O Coto de San Esteban de Budiño e que se celebra o próximo día 24 de maio.

 

Esta andaina está incluida na Copa Galicia de Andainas de 50 Km. Haberá ademáis un percorrido alternativo de 30 Km. para os participantes menos preparados. Sairá do Local Social do C.S. O Coto, pasando por máis de 40 muíños (moitos deles operativos hoxe en día), percorrerá as marxes dos ríos Tinto, Caselas, Miño e Louro, e tamén pasará polos concellos de Salceda, Porriño, Salvaterra de Miño e Tui.

 

Para inscribirte visita a web: http://bretema.uvigo.es/andaina.htm

Teléfono: 659402738

Data límite de inscrición: 17 de maio.

Número máximo de participantes: 250.