Somos Salceda

somossalceda

Salceda de Caselas, pola súa proximidade ás grandes zonas industriais de Vigo e O Porriño, presentou unha medra en edificabilidade espectacular, case duplicando o número de vivendas no núcleo urbano nos últimos anos.

Destaca no aspecto económico o importante desenvolvemento industrial do polígono do Cerquido, en Budiño, cunha importante industria especializada na extracción e transformación de pedra, pois Salceda de Caselas dispón de importantes xacementos.

Tamén viu incrementado o seu estoupido agrario de calidade debido ás extensas plantacións de viñedo, onde se produce, entre outros, o coñecido viño albariño.