Festa dos Callos

callos

Esta festa gastronómica celébrase na Praza do Concello o 1º domingo de setembro dende 1993. Cada ano máis de 20.000 persoas acoden dende toda a xeografía galega e portuguesa para degustar este saboroso prato. Dende o ano 2007, na noite do sábado vense celebrando un serán popular. Máis de 50 persoas voluntarias son as encargadas de que a festa sexa un éxito ano tras ano.