San Xurxo

parroquiassanxurxo

San Xurxo dista 1,5 km do centro do municipio.

Os seus accidentes máis importantes son: o Monte das Penizas (303 m), o regato Falón e a Área recreativa da Laxe. Presenta zonas castrexas sitas en As Penizas, o Castro e Torre do Coto de Condide ou o Castro das Coruxeiras

A senda etnográfica do río Caselas pasa por esta localidade e os muíños da Laxe e Figueiras pertencen á mesma.

Esta parroquia estivo unida en calidade de anexo á de Santo Tomé de Parderrubias. Foron separadas o 28 de abril de 1738.