Seis concellos da Louriña e Paradanta reúnense en Salceda para exixir á Consellaría de Medio Rural que mellore o protocolo de actuación da Vespa velutina

IMG_0201

 

Este xoves as 20:00, o salón de Plenos do Concello de Salceda de Caselas, acolleu a presencia de diversos concellos das Comarcas de Louriña e Paradanta para falar sobre o elevado grado de afectación que está a ter a vespa velutina nos concellos que o conforman.

A expansión desta especie e o incremento da poboación é algo que preocupa de cara a seguridade cidadá, apicultores e sistemas de producción agrícola-forestal, e sobre todo de cara a eficiencia dos métodos de destrucción e retirada dos niños que se está a desenvolver por parte da empresa adxudicataria.

Se están a probar métodos eficientes de combate que a consellaría podería incluir, xunto co sistema de trampas, ademáis se debe mellorar pero o sistema burocrático de actuación xa que está a ser un procedemento non efectivo, que conleva a unha ralentización do servizo.

Entre os Concellos asistentes á reunión contamos coa representación das Neves, Mondaríz, Ponteareas, Salvaterra, A Cañiza, Salceda de Caselas e a Agrupación Apícola de Galicia da zona de Pontevedra, da que se concluíu na petición dunha entrevista coa Conselleira Angela Vazquez Mujica e na elaboración dun documento de petición de melloras á Consellaría de Medio Rural, para poder mellorar a eficiencia do servizo, que na actualidade é deficiente, e previndo que de cara ao ano que ven é probable que aumente a poboación da especie, puidendo ser na etapa de marzo (etapa coincidente coa elaboración dos niños) o mes no que se comeza a visualizar e a incrementar de novo a presencia da especie.

Continuaremos a traballar a partir desta primeira reunión, para que se tomen as medidas oportunas de combate a esta especie e poder controlar as súas poboacións. É moi importante unir forzas e ideas para mellorar o sistema de desactivación dos niños, e sobre todo poder exixir aos organismos competentes o desenvolvemento das súas función.