Salceda recibe as nenas e nenos saharauis

O Concello de Salceda de Caselas recibiu onte xoves as familias do municipio que acollen nenos e nenas saharauis durante o verán dentro do programa “Vacacións en Paz”. Na recepción estivo presente o Alcalde Marcos Besada e a Tenente Alcalde Marina Cabaleiro que aproveitaron a ocasión para entregarlles un pequeno agasaio.

Este ano son dous nenos os que compartiran dous meses coas familias de Salceda, experiencia na que ningún dos dous son “primerizos” e que lles permitirá ós rapaces disfrutar das vantaxes de vivir nunha sociedade como a nosa, tanto no que se refire á alimentación e a saúde, como poder compartir as actividades de ocio que realizan os nosos nenos e nenas: praia, piscina, festexos, deporte…

Permanecerán aquí ata principios de setembro que volverán ós campamentos de refuxiados.

Marina Cabaleiro, concelleira de Benestar Social, agradeceu as familias a súa solidaridade nestes momentos de profunda crise que estamos atravesando.