Salceda garante a formación para o emprego.

Os alumnos dos cursos de formación de “Escaparatismo e coordinación no comercio” e “Técnicas de Empaquetado” sairon a facer prácticas a varios dos comercios do municipio.

Os alumnos e alumnas mostraron entusiasmo nestas saídas que lles serviron para poñer en práctica os coñecementos adquiridos nas clases teóricas.

Dende a concellería de emprego e formación están satisfeitos polo resultado Plan de Formación Municipal do 2013 e queren agradecer o entusiasmo co que foron acollidos estes cursos e por suposto,  o agradecemento neste caso a A Tenda de Isabel, Rabel e Anaconda, por deixar que os seus comercios fosen aulas improvisadas de formación para a realización das prácticas e o supermercado “Aliprox” que será o próximo en acoller os 40 alumnos e alumnas de caixeiro/repoñedor.

Marina Cabaleiro, “xa se está a traballar no Plan de Formación Municipal 2014, tendo en conta a dispoñibilidade das Aulas, xa que neste intre co inicio das accións do Plan de Emprego todas as aulas de formación do CDL O Torrón están en pleno rendemento, ata o punto de ter que utilizar outras dependencias municipais para acoller algúns dos cursos. Ninguén podía imaxinar que O Torrón comenzase a quedar pequeno, despois de estar moitos anos baleiro”