Salceda de Caselas pecha o exercicio económico de 2016 coas contas con Superavit Orzamentario, Aforro Neto e capacidade investidora

TER_3473 copia

O Concello de Salceda de Caselas acaba de pechar as súas contas do exercicio pasado e dar conta das mesmas no Pleno a través do documento de liquidación do orzamento do 2016.

Os resultados económicos que o Equipo de Goberno fixo públicos reflicten unha situación de Estabilidade Orzamentaria, dando cumprimento ó establecido na Lei Orgánica 2/2012. Deste xeito a situación financieira permite facer fronte ós gastos correntes e de capital, obtendo unha capacidade investidora de 1.038.505 €, situación calificada como de equilibrio en termos de capacidade de financiamento municipal.

Constátase tamén  o cumprimento da “Regra de Gasto” con respecto ó exercicio económico anterior polo cal o Concello de Salceda non superou o seu gasto en máis do estipulado polo Estado segundo o crecemento do PIB fixado polo Estado.

Pola diferenza dos ingresos de 4.889.287 € e de gastos de 4.506.429 € obtense un resultado orzamentario que segundo constata o informe da interventora municipal ascende a 382.858 € de Aforro Neto.  Por outra banda o remanente negativo de tesourería  mellora con respecto ó exercicio anterior en 413.692 €, o que permite unha maior solvencia e capacidade económica para o Concello.

José Luis González, Concelleiro de Facenda: “Os datos ó peche do exercicio 2016 melloran substancialmente. Conseguimos estabilizar as contas do Concello e reducimos a débeda municipal considerablemente o cal nos da marxe de actuación financieira, xa que cumprimos cos obxectivos que marca a Lei en materia económica e de Estabilidade”.

Marcos Besada: “Aínda estando gobernando en minoría e sufrindo recurtes constantes dende outras administracións, seguimos a traballar e a conseguir día a día manter os servizos básicos para a nosa cidadanía. Estas contas son o froito de desenvolver unha política responsable de control económico e de xestión rigurosa dos recursos municipais”.

Gabinete de prensa, 24 de maio de 2017.

Concello de Salceda de Caselas.