Salceda aposta pola mellora da rede viaria nas súas parroquias

O Concello de Salceda de Caselas ven de presentar as solicitudes de investimentos a realizar dentro do Plan Concellos 2018 da Deputación Provincial. Nesta ocasión o Concello decide facer unha forte aposta pola mellora da rede viaria do rural, para o cal reserva un total de 339.265,35 €, que se destinarán a mellorar as estradas nas diferentes parroquias, priorizando aqueles casos que os veciños e veciñas e as diferentes asociacións foron solicitando.

Así, vanse facer melloras tan demandadas como a da estrada que une os barrios da Laxe e o Pazo (San Xurxo e Picoña), a mellora da estrada entre o Borraliño e Pantel (Soutelo – Parderrubias) ou a mellora da subida ao Centro Cultural da Feira na parroquia de Santa María., ademáis de melloras en camiños como o de Pegullal- Altamira (Santa María), Fontán – Igrexa (Parderrbias) ou Alto do Cairo (Soutelo).

Con estas obras, proséguese na liña establecida dende o Goberno Municipal, de mellora da rede de estradas do Municipio, con intervencións constantes nas sete parroquias que conforman Salceda de Caselas.

Miguel González, Concelleiro de Vías e Obras: “A mellora dos viais do rural seguirán a ser unha prioridade para este Goberno. Con estas actuacións damos resposta ás demandas feitas polos veciños e veciñas das diferentes parroquias do Concello”.

Marcos Besada, Alcalde de Salceda: “Seguimos a facer importantes investimentos no rural. Este ano gran parte do Plan Concellos irá destinada á mellora das nosas parroquias, e estas obras de mellora da rede viaria son boa mostra. Seguimos así a construír a Salceda que soñamos entre todos e todas”.

 

Salceda de Caselas, 6 de abril de 2018