Programa de información sobre SRI

O Concello de Salceda ven de poñer en marcha un programa de información dos Sistemas de Retención Infantil (SRI), tras a entrada en vigor da nova normativa o pasado 1 de outubro. Para levar a cabo esta iniciativa cóntase coa colaboración da Policía Local. Nesta primeira ocasión, un dos membros da Policía Local foi o encargado de impartirlles unha charla ás embarazadas que acuden ao curso de preparación ao parto na Casa do Concello, da man da matrona Inés Curro. Así, as 11 futuras mamás asistentes a esta sesión aproveitaron para aclarar as súas dúbidas en torno a todo o relativo aos SRI (Sistemas de Retención Infantiles), fundamentales á hora de desprazar a nenos e nenas nos vehículos, así como outras dúbidas relacionadas coa mesma temática.

Jose Luis González, Concelleiro de Seguridade e Tráfico: “Poñemos os recursos de que dispón o Concello a disposición dos diferentes colectivos de Salceda, pois somos conscientes de que a suma de esforzos ofrece os mellores resultados. Agradecemos ademáis a boa predisposición da Policía Local á hora de levar a cabo estas e outras iniciativas que se lle proponen dende as diferentes áreas”.