Novas

O Concello de Salceda fará accesible a Igrexa e Cemiterio de Soutelo

O proxecto, valorado en 7.638,52 será posible grazas á financiación da Deputación Provincial de Pontevedra, en base ás subvencións dirixidas aos Concellos da provincia de Pontevedra para a rehabilitación e a sinalización do patrimonio histórico-cultural, que o Concello de Salceda solicitou para levar a cabo esta obra.

A Rúa Rafael Tilve recupérase para as persoas

O Concello de Salceda de Caselas ten xa todo preparado para acometer unha nova humanización no seu casco urbano. Trátase, neste caso, da humanización do primeiro tramo da rúa Rafael Tilve Adrio ata o seu entronque coas rúas Compostela e Coruña.

A Policía Local de Salceda fórmase contra a Violencia de Xénero

Os cinco axentes activos neste momento asistiron á formación organizada no mesmo Concello por medio das axudas da Deputación de Pontevedra destinadas á contribuír na loita contra a violencia de xénero, e que no caso de Salceda de Caselas se destinaron en parte a esta acción formativa.