Novas

Salceda celebra o Certame de Bandas de Música máis solidario

Durante o certame, realizarase unha colecta a beneficio da Asociación de Afectados e afectadas pola explosión de Paramos. Unha traxedia que non só tinguiu de loito o municipio de Tui, senón tamén ao de Salceda que mantén unha estreita relación co lugar do suceso.