Novas

Pleno Ordinario Outubro

No seguinte enlace podes seguir en directo a retransmisión do Pleno ordinario do 26 de outubro de 2023. Sesión plenaria PLN/2023/14

O Concello de Salceda recibe máis de 500.000 € para un obradoiro de emprego

O Concello de Salceda de Caselas vén de recibir a comunicación da concesión de 531.046,20€ para un obradoiro de emprego por parte da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade. Neste caso a acción acollerá a 20 persoas, 10 no campo da albanelería e outras 10 no da carpintería de madeira, que durante un ano se encargarán das obras de reforma de diferentes edificios municipais.

15 vivendas únense á rede de saneamento na parroquia da Picoña

A semana pasada deron comezo as obras do proxecto de saneamento dos barrios da Ataúde e A Arrotea, na parroquia da Picoña, que lle vai permitir a 15 casas contar con este servizo esencial. Os últimos detalles revisáronse a pé de obra coa Alcaldesa, Loli Castiñeira, a empresa constructora, a empresa redactora do proxecto, e o xerente do Consorcio do Louro.

O Consorcio de augas do Louro constitúe novo comité directivo

O Consorcio de Augas do Louro vén de celebrar a constitución do novo comité directivo. Trátase da primeira sesión celebrada logo das eleccións locais do 28 maio tralas que se constituíron os novos gobernos municipais nos catro concellos que conforman a entidade: Mos, O Porriño, Salceda de Caselas e Tui.

PLENO ORDINARIO AGOSTO

No seguinte enlace podes seguir en directo a retransmisión do Pleno ordinario do 31 de agosto de 2023. Sesión plenaria PLN/2023/12