Novas

En licitación a renovación do alumeado por máis de 1.000.000€

A Plataforma de Contratos Públicos de Galicia recolle xa a apertura da licitación do proxecto de renovación do alumeado público exterior no Concello de Salceda de Caselas, con un orzamento de 1.398.731,82€. O proceso de presentación de ofertas estará aberto ata o vindeiro 26 de febreiro.

Arrinca o “Salceda Activa” con actividades para maiores de 55 anos

O concello de Salceda de Caselas en colaboración con AFAGA ( Asociación de Familias de Persoas Enfermas de Alzheimer e outras demencias de Galicia) vai desenvolver unha nova edición dos programas “Cultiva a mente” e “Estimulación cognitiva” no Centro Neuroactivo que se atopa na parroquia de San Xurxo.

Pleno Extraordinario

Aquí podes seguir a sesión extraordinaria do Pleno convocado para o 22 de xaneiro ás 9:30

Bases desfile Entroido 2024

Aquí podedes acceder ás bases que rexerán o XXV Desfile de Carrozas e Comparsas de Entroido que se celebrará o vindeiro 11 de febreiro Bases Entroido 2024