Novas

Campus “Nadal Solidario”

Para nenos e nenas de 3 a 12 anos.
Vacacións de Nadal – Deportes – Obradoiros – Mercadiño Solidario.
Máis información a partir do 20 de novembro.

Salceda solicita a mellora da estrada EP-2505

O Pleno do Concello de Salceda ven de aprobar por unanimidade a solicitude á Deputación de Pontevedra para que proceda á mellora da mobilidade na estrada EP-2505, xa que o seu estado actual fai dela unha estrada moi perigosa tanto para os vehículos como para peóns.