Novas

Convocadas as probas para obter o Graduado en ESO

Os interesados en presentarse ao exame non vos esquezades que o prazo de matrícula é o seguinte:
– Convocatoria de maio (data da proba 31 de MAIO): 2 ao 15 de abril, ambos os dous incluídos.
– Convocatoria de setembro (data da proba 12 de SETEMBRO): 1 ao 8 de xullo, ambos os dous incluídos.

Exterior

A Concellería de Emprego e Formación xa ten presenza nas redes sociais

A Concellería de Emprego e Formación do Concello de Salceda xa ten presenza nas redes sociais. Dende o próximo 1 de febreiro estará en funcionamento o facebook Concellería de Emprego e Formación Salceda, cun obxectivo principal que é o de escoitar as propostas e achegar información aos veciños e veciñas de Salceda de maneira gratuita.

CursoInformaticaOTorronXan2013_1

Dan comenzo os cursos de informática no CDL O Torrón

O centro acolle semanalmente máis de 200 alumnos.

Este martes deron comenzo no CDL de O Torrón os dous cursos de informática incluidos no Plan de Formación Municipal da Concellería de Emprego e Formación de Salceda.

Informática básica e Búsqueda de Emprego por Internet son as accións formativas coas que se pretende que os desempregados teñan as nocións básicas para o manexo do ordenador e búsqueda de emprego a través das novas tecnoloxías.