Novas

Clausura do I Campamento Ciclista

O luns 10 de Agosto tivo lugar a entrega de diplomas do primeiro campamento ciclista, que rematou o pasado venres 31 de xullo. Miguel e Gabriel foron os responsables de levar a cabo esta actividade organizada polo Club Ciclista Aragonta, e que contou coa colaboración do Concello de Salceda de Caselas e da asociación Made in Salceda.

English Camp en Salceda

Na segunda quincena de Agosto comeza o English Camp cuxo obxetivo é reforzar e mellorar o nivel de inglés dos máis cativos a través de xogos.

O Concello de Salceda recibe un novo vehículo policial

O concello de Salceda de Caselas conta ven de recibir un novo vehículo da Policía Local a través da concesión dunha subvención do cen por cen do custo do vehículo, dentro do programa operativo de fondos europeos Feder-Galicia eixe 3 de protección de riscos para dotar de equipamentos de emerxencia os corpos da policía local dos concellos que conten con corpo propio de seguridade, como é o caso do concello de Salceda de Caselas.