Novas

Clausura do I Campamento Ciclista

O luns 10 de Agosto tivo lugar a entrega de diplomas do primeiro campamento ciclista, que rematou o pasado venres 31 de xullo. Miguel e Gabriel foron os responsables de levar a cabo esta actividade organizada polo Club Ciclista Aragonta, e que contou coa colaboración do Concello de Salceda de Caselas e da asociación Made in Salceda.

English Camp en Salceda

Na segunda quincena de Agosto comeza o English Camp cuxo obxetivo é reforzar e mellorar o nivel de inglés dos máis cativos a través de xogos.