Novas

Campaña para aumentar o reciclado de vidro

Segundo os últimos datos dispoñibles, os cidadáns deste municipio do Baixo Miño reciclaron máis de 103 toneladas de envases de vidro o que equivale a unha media de 11.6 kg de vidro por habitante. Isto supón que cada cidadán reciclou máis de 44 envases de vidro por persoa.

O Caselas Fútbol Club busca nova directiva

O actual presidente, coa súa Xunta Directiva, veñen de presentar a súa dimisión, abríndose polo tanto o proceso de elección da nova dirección do club. O proceso electoral pechouse o pasado sábado 21 de maio sen que se presentasen candidaturas, poñendo en perigo a supervivencia da entidade.

Soutelo acolle a II Xtrema Soutelo

Tras o éxito acadado o pasado ano na primeira edición, esta proba consolídase con importantes cambios sobre todo no tocante ás probas, que serán moito máis atractivas e espectaculares que na primeira edición.