Novas

Salceda contrata a trece persoas en situación de desemprego

As prazas que se van cubrir, son as de 1 animador sociocultural, 1 orientadora profesional para a inserción, 2 albaneis, 4 persoas de limpeza, 2 desbrozadores, 1 condutor de camión, 1 administrativa e 1 técnica de administración local.

Castro Barreiro e A Feira enfrontaranse o domingo 12 de marzo

Na tarde-noite de onte, as comisión de ámbolos dous barrios comunicaban a nova data fixada para o evento: o domingo 12 de marzo. O desfile, previsto inicialmente para o pasado martes 28 de febreiro, tivo que ser aprazado a causa das inclemencias meteorolóxicas.

O Entroido, a festa máis tradicional de Salceda

A Casa da Cultura Castelao acolleu esta mañá a presentación da programación de Entroido no Concello de Salceda de Caselas. A Concelleira de Cultura Tere Pérez e a Tenente de Alcalde Loli Castiñeira estiveron acompañadas por representantes dos barrios de A Feira (Felix Méndez) e Castro Barreiro (Óscar Pino e Andrés Troncoso).