Os días 20 e 21 de decembro acude á II Feira de Agricultura ecolóxica e de Artesanía en Salceda

Con motivo da chegada do Nadal vai a ter lugar a II Feira de Agricultura ecolóxica e de Artesanía en Salceda de Caselas. A praza de Abastos volverá a ser o escenario que vai a acoller nestos dous días a máis de 20 artesáns e produtores en ecolóxico, que compartirán este espazo recentemente restaurado cunha nova imaxe máis moderna.

Nesta ocasión compartirán o espazo cos praceiros que diariamente desempeñan o seu traballo profesional, achegándonos a un mercado máis cercano e de atención directa, que integra o mercado de proximidade.

As persoas que queiran visitar a nosa vila poderán disfrutar conxuntamente de diversas actividades que van a ter lugar esa fin de semana, o sábado os máis cativos serán os protagonistas na Audición de Nadal da Escola de Música que terá comezo as 20:00 no Auditorio Municipal e o Domingo terá lugar á mesma hora o certame de Panxoliñas.

Disfruta dun Nadal máis próximo en Salceda de Caselas onde o achegamento do produtor e artesán cos veciños e veciñas e cada vez máis próximo, o Concello anima a que nestas datas os nosos agasallos os merquemos na nosa vila. Loli Castiñeira concelleira de Comercio asegura qe nas nosas mans está en facilitar a tarefa e o traballo de todos e todas, e a posta en valor dos traballos máis tradicionais, e qué mellor espazo que a Praza de Abastos que sempre permitiron acoller este tipo de vendas e que adeáis vai a mostrar a súa nova imaxe.