O Impacto dos trasxénicas pecha o II progama agroecolóxico de Salceda de Caselas

Este venres as 20:30 vai a ter lugar o peche das II Xornadas de Agricultura Ecolóxica na Casa da Cultura a través da charla de “O Impacto dos trasxénicos: Sabemos o qué comemos?”, para elo contaremos coa presencia de Antón Lois de Amigos da Terra e con Belén Fervenza do Sindicato Labrego que serán os encargados de pechar o ciclo iniciado o venres 21 de marzo.
Con este último bloque péchanse estas Xornadas nas que se contemplaron diversas temáticas adicadas este ano ao “Ano Internacional da Agricultura Familiar” entre as que tamén se abordaron temas relacionados coa comercialización, A importancia da Biodiversidade, e a aplicación práctica en campo de instalación de horta ecolóxica e elaboración de compost.
O Concello de Salceda de Caselas está a traballar duramente en axilizar diferentes alternativas que permitan unha saída laboral e unha liña de mercado diferente para incrementar a oferta nun sector no que a demanda está a crecer nos últimos tempos, e que ademáis presenta unha maior sensibilidade co medio ambiente e co coidado do noso entorno.
“Na nosa man está ofrecer diferentes alternativas de mercado e favorecer a inclusión no mercado laboral a través da Agricultura Ecolóxica. Estamos a levar unhas liñas políticas máis afíns coa sustentabilidade ofrecendo campañas de sensibilización co medio e sobretodo procurando que o noso medio sexa coñecido e valorado por aquelas persoas que nos visitan e polos nosos veciños e veciñas”, asegura Cándido Lorenzo, Concelleiro de Medioambiente