O grupo de Teatro Xoaniña colaborou co Programa de Alimentos

Un alimento foi o prezo para poder disfrutar da obra

O grupo de teatro da Escola Infantil Xoaniña subiuse de novo ó escenario do Auditorio Municipal de Salceda para representar a obra “mil campanas soan no meu corazón”.

O prezo da entrada para poder disfrutar dunha divertida e agradable tarde de domingo foi un alimento.

Esta iniciativa foi moi ben acollida polos asistentes que xa viñan preparados co seu alimento ou en moitos casos con varios. Todo o recollido foi entregado ó Programa de Alimentos do Concello de Salceda.

A Tenente Alcalde e Concelleira de Benestar, Marina  Cabaleiro quere dar as grazas a Xoaniña por esta iniciativa e en particular ós actores entre os que ademáis do persoal da Escola Infantil tamén estaban algúns dos pais e nais.  Tamén agradecer ós veciños e veciñas pola súa colaboración, xa que a se recolleu unha grande cantidade de alimentos.  Estes alimentos axudarán as 100 familias, que por falta de recursos económicos son atendidos neste intre no Programa de Alimentos do Concello de Salceda de Caselas.

Marina Cabaleiro “O éxito do acto, co Auditorio ateigado de xente, demostra, unha vez máis que Salceda é solidaria”.