O Concello de Salceda ensina a estudiar ao alumnado de secundaria

A Concellaría de Ensino do Concello de Salceda de Caselas, dirixida por Teresa Pérez, bota a andar un proxecto dirixido ao alumnado de secundaria, que baixo o nome “Técnicas de estudo: cómo combater o fracaso escolar”, busca axudar aos estudantes a obter un maior rendemento con un menor esforzo.

Trátase de fomentar a motivación dos e das estudantes e a toma de conciencia dos problemas que cada un poida ter á hora de enfrontarse aos estudios. Os estudantes adquirirán unha serie de hábitos, técnicas e habilidades para mellorar o seu rendemento académico e, por conseguinte, aprenderán a economizar o seu tempo de estudo. O curso dividirase en parte teórica e parte práctica, e tocará aspectos como o comportamento na clase, a planificación das horas de estudio, a creación de ambientes de estudio adecuados, trucos para mellorar a memoria ou estratexias para afrontar os exames tanto escritos como orais.

A iniciativa preséntase en constante comunicación co IES Pedras Rubias de Salceda, que alerta do enorme índice de fracaso escolar existente na actualidade: un 40% do alumnado da ESO non finaliza os estudios ou, se os finalizan, non continúan con estudios superiores. As clases terán lugar na Casa da Cultura Castelao durante o terceiro trimestre do curso escolar, e estarán impartidas por dúas profesionais do sector socioeducativo (unha pedagoga e unha traballadora social). Os interesados deberán solicitar a súa participación a través do Rexistro Xeral do Concello, podendo dirixirse á Concellaría de Educación en caso de precisar máis información ao respecto.

Teresa Pérez, Concelleira de Ensino: “Os datos de fracaso escolar son realmente preocupantes, e moitas veces veñen dados pola falta de motivación por parte do alumnado, así como poña falta de medios, tanto no ámbito familiar como por parte do mesmo profesorado, que se atopa desbordado á hora de dar resposta ás dificultades ás que se enfronta o alumnado. Con este iniciativa pretendemos ofrecer unha ferramenta máis para mellorar estes datos e seguir a obter a mellor preparación para os nosos mozos e mozas”.

 

Gabinete de Prensa, 13 de marzo de 2015