O Concello de Salceda deixa de abrir os sábados ante a entrada en vigor da nova Lei de procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas

2016-10-04-rexistro

Este foi o último sábado en que o Concello de Salceda permaneceu aberto para os servizos de Rexistro Xeral, trala entrada en vigor da nova Lei 39/2015, de 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas e 40/2015, do 1 de outubro, do réxime xurídico do sector público, que establecen que os sábados deixan de ser días hábiles para os procedementos administrativos. Coa entrada en vigor desta nova Lei deixa de ser procedente o servizo de Rexistro os sábados, e posto que este era o servizo polo que o Concello de Salceda permanecía aberto, a partires de agora deixará de facelo. Con esta medida búscase a equiparación dos prazos no sector Xurídico, que xa non contemplaba os sábados como días hábiles, e o sector da Administración, que ata o de agora sí que o viña facendo.

O horario de atención ao público e Rexistro Xeral do Concello de Salceda de Caselas pasa a ser a partires de agora de luns a venres de 8:30 a 14:30