O Concello de Salceda abre unha Oficina de Apoio Municipal para os afectados polos incendios

O Concello de Salceda habilitará unha Oficina de Apoio aos afectados e afectadas polo lume, para canalizar os formularios de danos e informar sobre as Liñas de Axudas que se vaian creando ou aprobando: a Oficina estará ubicada na área de urbanismo do Concello, cun administrativo e o apoio do aparellador. A Oficina de Apoio botará a andar o vindeiro luns 30 de outubro, en horario de 9 a 14h. Ata ese día, os afectados e afectadas poderán deixar o seu contacto así como ir valorando os danos ocasionados polos lumes:  superficie, construccións, viñedo, arborado, animáis…

Por outra banda, o Pleno do Concello de Salceda, aprobou por unanimidade solicitar do Consello de Ministros a Declaración de “Zona Afectada gravemente por unha Emerxencia de Protección Civil” (Lei 17/2.015). Lembramos que os lumes debastaron 910 hectáreas, 527 das cales pertencen a monte comunal, de 6 das 7 parroquias (ardeu un 25,52% dos 36,1 Km2). Se a petición é aprobada, ábrese a opción a axudas a particulares, Concellos, propietarios de explotacións forestais e agrícolas…

Dende os días dos incendios, o Equipo de Goberno lévase reunido con diversos colectivos políticos e sociais (comunidades de montes, traídas de augas, voluntariado…) para tratar de recabar todos os datos relativos aos danos sufridos nas diferentes parroquias. Esa base de datos será empregada para facilitar a tramitación das diferentes liñas de axudas que se establezan dende as diferentes administracións.

Tamén a poboación do municipio está a ter un importante papel tras os lumes. Dende que o Concello de Salceda anunciase a creación do Voluntariado Ambiental específicamente para todo o relacionado cos incendios, máis de 40 persoas se teñen inscrito xa para participar nos traballos que se leven a cabo, coordinados polos técnicos correspondentes.

O Alcalde de Salceda manifestou tamén a necesidade da creación dunha liña directa para Alcaldes/alcaldesas e cargos políticos cando sucedan acontecementos como os de estes días, sen ter que depender do 112 ou do 085 que en todo momento estiveron colapsados e sen posibilidade de establecer contacto.

Marcos Besada: “O Concello de Salceda está a facer un gran esforzó dende o día dos lumes con medios propios, ante a inexistencia de axuda por parte doutras administracións. A creación da Oficina de Apoio é sen dúbida unha medida que axudará aos veciños e veciñas do noso municipio, xa que terán unha persoa de referencia cercana que lles asesore e lles axude nos trámites a seguir tras esta catástrofe”.