O CDL O Torrón acollerá esta semana dúas actividades relacionadas co autoemprego

OTorron

Os días 22 e 24 de maio, de 9:30 a 14:30 horas terá lugar un seminario de inserción laboral (autoemprego cooperativo). Este seminario é organizado pola Unión de Cooperativas de Traballo Asociado-UGACOTA, en colaboración coa Oficina de Fomento Cooperativo da Mancomunidade de Vigo e o Concello de Salceda.

Este seminario ten unha duración de 10 horas, cun obxectivo principal que é achegar o modelo cooperativo á cidadania, e en especial a persoas desempregadas que poden optar á fórmula do autoemprego cooperativo. No mesmo, tamén se darán a coñecer casos reais e experiencias cooperativas de interese e se analizarán as potencialidades do seu entorno.

Os interesados en participar nesta acción formativa poden inscribirse na concellería de emprego e formación ou no técnico de emprego ubicado no CDL de O Torrón.

Por outra banda, o xoves 23 o CDL de O Torrón acollerá de 16:00 a 21:00 horas unha Xornada de Autoemprendemento para a mocidade. Os veciños e veciñas interesadas en montar un negocio poderán informarse de balde nesta xornada.

Esta xornada é organizada pola dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, dependente da Consellería de Traballo e Benestar.

Neste caso os interesados deberán anotarse no Técnico de Emprego ou na OMIX (Casa da Cultura).