O CDL do Torrón mergúllase nas redes sociais

2017.08.17 CDL

O Centro de Desenvolvemento Local do Torrón vén de realizar unha importante aposta pola presenza nas redes sociais de cara a procurar todas as vías posibles para achegarse ós seus usuarios e usuarias e permitir que  poidan ter un maior acceso ás ferramentas que o CDL pon ao seu dispor tanto no referido a formación como a procura de emprego.
Dende xa hai algún tempo, o CDL do Torrón contaba con unha páxina web propia ─http://www.salcedaemprego.es/cdl-o-torron/─ coa que se tentaba manter informados aos cidadáns en todos aqueles temas que atinxían á formación, emprego e autoemprego, becas, subvencións, prestacións, e un longo etc.
Por ende, é importante resaltar que os contidos da web están dirixidos a un colectivo moi amplo, pois non só da respostas ao sector máis novo da poboación ou aos desempregados e desempregadas, senón que tamén presta atención á xente en activo ou a aqueles que desexan emprender o seu novo negocio. En especial, para este último colectivo, creouse tamén unha conta en Google+.
Ainda así, explica a concelleira de Formación e Emprego, Loli Castiñeira “o CDL quixo ir máis aló no aproveitamento das redes sociais”. Nacen así a novas páxinas do CDL en Facebook e en Twiter (@CDLOtorron) coa misión de chegar ós máximos recunchos posibles.
Dende Facebook, explica Loli Castiñeira, “preténdese levar unha liña paralela a web, mentres que twitter está máis centrado en informar das novas das outras páxinas, dar pautas de actuación e boas condutas a través de vídeos ou subir fotos de actividades levadas a cabo no centro”.
Nestes momentos, o CDL está traballando para darlle forza a estas dúas novas creacións e poder dar a mellor versión aos candidatos e candidatas. Certo é, que se teñen boa acollida e funcionan como ata o de agora, o CDL non descarta en expandirse a outras redes como Linkedin ou Instagram.
Para completar todo o anterior, o CDL O Torrón traballa na creación dunha base de datos para poder facer chegar, vía correo electrónico, a información directamente a aquelas persoas interesadas, “un medio directo e rápido de información que todos utilizamos de xeito cotiá”.
Todas estas medidas, explica o alcalde de Salceda, Marcos Besada, teñen o único obxectivo “de estar máis preto de todos os usuarios e usuarias e que poidan aproveitar toda a potencialidade que, ao seu dispor, pon o CDL do Torrón”.