English Camp en Salceda

O Concello de Salceda de Caselas prepara xa a celebración do English Camp a segunda quincena de agosto. A través de xogos e entretementos varios, os cativos terán a oportunidade de reforzar e mellorar o seu nivel de inglés.

O campamento terá un custe de 85 €, e para participar pódese recoller xa o folleto de inscrición na Casa da Cultura Castelao. Vai dirixido a nenos e nenas de 3 a 12 anos, nun  horario de 9:30 a 14:00, ampliable grazas aos servizos de Aula Matinal e Comedor.

O English Camp ven completar o Campamento de Verán que se levou a cabo nos meses de xullo e agosto, e polo que pasaron máis de 120 nenos e nenas.

Teresa Pérez, Concelleira de Benestar Social: “Na época de vacacións é fundamental ofrecer aos pais e nais servizos que contribúan á conciliación da vida laboral e familiar, e o campamento de verán é unha ferramenta indispensable neste senso”