Novo punto de lecer para a xuventude en Salceda: Skate Park Raíña Aragonta

A Concellaría de Xuventude do Concello de Salceda de Caselas, dirixida por Loli Castiñeira, ven de poñer en marcha este verán un espazo de skate situado no Parque Raíña Aragonta.

Esta nova área de lecer para a xuventude instalouse  nun breve espazo de tempo, e  consistiu na colocación de diferentes figuras, entre elas;  lanzador curvo, lanzador recto, fun box…etc, estas figuras foron reforzadas e ademáis  engadíronse gomas de neopreno na súa base, para reducir a emisión de ruido.

Estes elementos están pensados para a práctica de modalidades como skateboarding, patinaxe agresivo, roller, snakeboard, entre outras. Para  elo a Concelleira de Xuventude Loli Castiñeira tivo en conta a opinión dun grupo de rapaces e rapazas de Salceda que coñecen  e son usuarios de outras instalación de características semellantes.

A zona contou cun orzamento de 21.671,10 €, con cargo aos orzamentos municipais deste ano 2014, englobándose dentro do proxecto denominado “Mellora na accesibilidade ao Parque Raíña Aragonta con espazos específicos para a xuventude”. Con este investimento deuse resposta a unha vella demanda dos máis novos, que levaban  tempo pedindo zonas específicas nas que poder desenrolar as súas actividades.

Loli Castiñeira, Concelleira de Xuventude: “deuse un paso máis na creación dunha Salceda atractiva tamén para os máis novos. Despois do éxito da implantación de zonas específicas para graffiti por medio do “Salceda Urbán”, chegou o momento do Skate Park; un novo servizo para que os nosos xoves poidan practicar as súas aficións”