Novo espazo “Salceda Urban” na Fonte das Carballas

O proxecto “Salceda Urban” naceu coa idea de dar espazos a artistas grafiteiros, e que coa súa arte consigan crear lugares cheos de maxia e personalidade en espazos que ata o de agora estaban baleiros e se atractivo.

Despois da primeira fase, na que se recuperou o túnel de acceso ao Parque Raíña Aragonta, chégalle agora o turno ao entorno da Fonte das Carballas. Esta fonte estivo abandonada durante anos, e agora ven de recuperarse como área de lecer para salcedenses e visitantes. A recuperación da fonte completouse coa adecuación do seu entorno por parte de tres grafiteiros de ampla experiencia: GORY, POWONE e SVV, que están a plasmar escenas sacadas de fotografías antigas de Salceda, que se combinan con imaxes do Río Caselas e dos recentemente recuperados muíños de Rubindo (Budiño). O espazo está situado a carón do Auditorio Municipal, con acceso dende a Rúa Pontevedra, e servirá de enlace co novo tramo da senda do Río Caselas que se está a construír nestes días.

Dende o Concello seguirase a traballar nesta liña, e a conseguir novos espazos para ofrecer á xuventude con inquietudes deste tipo, no afán de conseguir entornos atractivos e evitar dalgunha maneira as pintadas descontroladas ao longo do municipio.

Loli Castiñeira, Concelleira de Turismo e Xuventude, destacou que “nesta ocasión o Salceda Urban conseguiu varios obxectivos: dar emprego a xóvenes artistas, recuperar un espazo abandonado do casco urbano e seguir a facer de Salceda un sitio atractivo no que vivir e disfrutar, e do que cada día nos sentimos máis orgullosos”.