Xerais

Salceda celebra o Día Internacional do Orgullo

O Concello de Salceda de Caselas e Chrysallis Galicia, Asociación de Familias de Menores Transexuais, organizan conxuntamente os actos de celebración do Día do Orgullo no municipio, que teran lugar mañá mércores.

Salceda reformará a Aula de Fontán nas vacacións de verán

O Concello de Salceda ven de recibir da Deputación Provincial de Pontevedra a aprobación do proxecto de mellora da Aula Unitaria de Fontán pertencente ao CRA Raíña Aragonta, incluído no Plan Concellos 2017. Con esta resolución, o Concello aproveitará as vacacións de verán do colexio para proceder á realización das obras, por un importe de 26.545,64 €.

A Cámara Agraria xa é propiedade do Concello

O Alcalde de Salceda de Caselas, Marcos Besada, ven de asinar o documento de compra do edificio da antiga Cámara Agraria con Pablo Moure, Subdirector de Patrimonio da Consellaría de Facenda da Xunta de Galicia, actual propietaria do inmoble, e ante o Notario do Porriño, Santiago Martinez Carrera.

Salceda e Tui acollen o I Campus ‘Denis Suárez’

Os Concellos de Salceda de Caselas e Tui acollerán, entre os días 3 de xullo e 8 de xullo, as actividades do I Campus de Fútbol ‘Denis Suárez’ que se desenvolverá nos campos do Caselas en Salceda e do Tyde en Tui.