Xerais

Os máis pequenos coñecen o traballo da Policía Local

Un cento de nenos e nenas de 1º do CEP Altamira visitaron hoxe as instalacións da Policía Local do Concello de Salceda. Durante a visita os pequenos puideron coñecer un pouco mellor o funcionamento do Corpo de Seguridade máis cercano, así como as tarefas que desempeñan.

Salceda homenaxea ao Doutor Zunzunegui

A presentación do libro serve como punto de partida a unha semana adicada ao Dr. Zunzunegui. O vindeiro sábado 21 de novembro, Salceda de Caselas acollerá un acto de homenaxe ao mesmo, que se iniciará ás 11:30 no Cemiterio de Santa María, onde está soterrado, e no que se levará a cabo unha ofrenda floral. A continuación, xa a partir das 12:30, levarase a cabo o acto de homenaxe diante da vivenda que construíu no Concello, na Avenida que hoxe leva o seu nome.