Voluntariado

Festival benéfico a favor do Programa de Alimentos

A Concellaría de Cultura e Benestar Social do Concello de Salceda de Caselas, dirixida por Tere Pérez, ultima os detalles dos preparativos do festival solidario que se vai celebrar o vindeiro domingo 13 de decembro no Pavillón de Deportes Municipal e que espera recoller centos de quilos de alimentos non perecedeiros para incorporar ao Programa de Alimentos Municipal.

O roupeiro municipal de Salceda de Caselas abre as súas portas na praza do concello

O vindeiro sábado 17 de oubro o roupeiro municipal vai a abrir as súas portas facendo uso da praza do Concello, as persoas que o visiten poderán donar un alimento e poderán formar parte de usuarios do roupeiro municipal a través da adquisición da roupa e tamén de libros que estarán á disposición de todas as persoas que así o desexen.

Roupeiro Municipal

Co inicio do curso escolar acude ao roupeiro municipal para poder completar a demanda de roupa que necesitas.
O horario de apertura é os mércores de 16:00-18:00 e os xoves de 9:30-11:30.