Urbanismo

As humanizacións de Salceda, exemplo para Nanterre

Unha representación do municipio francés de Nanterre, visitou nestes días Salceda de Caselas para estudar as posibilidades de utilizar o granito da zona, o “Gris Salceda” nas obras de humanización que se pensan desenvolver nesa localidade francesa.