Turismo

Salceda estrena Área de Autocaravanas

A área, realizada co asesoramento da Asociación, conta con tódolos servizos precisos para este tipo de vehículos (evacuación e carga de auga…), e foi definida polo presidente Paco Pena como “unha das mellores de toda Galicia”.

Soutelo acolle a I Xtrema Soutelo

Trátase dunha proba de atletismo con obstáculos naturais e artificiais, que vai transcorrer polos montes comunais da parroquia de Soutelo. Estamos a falar dunha das primeiras probas destas características na provincia de Pontevedra.

Roteiro dos Pazos

O Roteiro dos Pazos vaise a celebrar o 9 de Maio dende o Torreiro de Santa María, ás 17:30 da tarde terá a saída de percorrido circular que percorrerá os Pazos e a súa historia representada polos grupos de teatro de A Feira, Castro Barreiro, Entenza, Osiris e Soutelo baixo a dirección de Laura Garrido.

Salceda acolle o II Festival Ibérico

Esta mañá presentouse na Casa da Cultura Castelao o II Festival Ibérico que se vai celebrar en Salceda de Caselas este sábado 18 ás 20:00 horas no Auditorio Municipal, organizado pola Fundación Luso Galaica.