Tráfico e transporte

2015.02.20 Rally lamprea

IV Rallye de Regularidade da Lamprea

En todo momento os participantes circularán dentro dos límites de velocidade establecidos en cada tipo de vía, penalizándoselles en caso contrario.

2014.12.19 Marquesiña Devesa

Nova marquesiña na Praza da Devesa

O obxectivo é o de fomentar o uso do transporte público ofrecendo espazos adecuados para elo, ao tempo que se prosegue na mellora dos diferentes viais do municipio.

ROTONDA

Cortes de tráfico no Casco Urbano

Xoves 18 de decembro permanecerá cortado o tráfico entre as 14:00 e as 22:00 por mor do asfaltado da rotonda entre as rúas Vigo, A Pedra e Avenida de Galicia. Habilitaranse accesos alternativos.

2014.12.09 Sinalización parroquias

Salceda sinaliza as súas parroquias

O Concello de Salceda vai acometer a sinalización das súas sete parroquias a partir de mañá mércores. Máis de cen sinais vanse distribuír ao longo do municipio, para o cal o Concello ten adxudicada unha partida de 40.000 € de fondos propios nos Orzamentos deste ano 2014.