Tráfico e transporte

2015.11.06 sri

Programa de información sobre SRI

O Concello de Salceda ven de poñer en marcha un programa de información dos Sistemas de Retención Infantil (SRI), tras a entrada en vigor da nova normativa o pasado 1 de outubro. Para levar a cabo esta iniciativa cóntase coa colaboración da Policía Local.

IMG-20150728-WA0008

O Concello de Salceda recibe un novo vehículo policial

O concello de Salceda de Caselas conta ven de recibir un novo vehículo da Policía Local a través da concesión dunha subvención do cen por cen do custo do vehículo, dentro do programa operativo de fondos europeos Feder-Galicia eixe 3 de protección de riscos para dotar de equipamentos de emerxencia os corpos da policía local dos concellos que conten con corpo propio de seguridade, como é o caso do concello de Salceda de Caselas.

2015.05.12 Policía Local

Novos vehículos para a Policía Local de Salceda

O concello de Salceda de Caselas contará en breve cun novo vehículo policial e unha nova motocicleta tipo trail tras ser publicada hoxe no BOP a concesión dunha subvención do cen por cen do custo de ambos vehículos.

2015.05.04 Educación Vial

III Xornadas de Educación Vial en Salceda

Uns 500 escolares pasarán polas xornadas, que se extenderán ata o venres 8 de maio. Farano dende o CEP Altamira, o CRA Raíña Aragonta e a Escola Infantil A Galiña Azul