Ensino

Os colexios de Salceda traballarán a igualdade e a mediación

O CEP Altamira acolleu esta mañá a presentación dos proxectos de educación emocional en igualdade e mediación que se van levar a cabo tanto no CRA Raíña Aragonta como no propio CEP Altamira, fomentados polas ANPAS co apoio dos centros e do Concello.

Auga quente nas aulas das parroquias

O Concello de Salceda de Caselas, a través da Concellaría de Ensino que dirixe Tere Pérez, iniciou as obras de instalación de auga quente nas diferentes aulas do CRA Raíña Aragonta ubicadas nas diferentes parroquias.

A ampliación do CEP Altamira xa ten permiso do Concello

A Xunta de Goberno Local do Concello de Salceda de Caselas deu esta mañá luz verde ao proxecto de ampliación do CEP Altamira presentado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia por un valor de 545.042 €.