Deportes

En Busca do Callo Perdido III

Este ano con moitas NOVIDADES!!
“En Busca do Callo Perdido III” celebrarase o sábado 6 de setembro e consistirá nunha xincana interxeracional que consiste na superación
dunha serie de probas que se situarán ó longo da vila.
As inscricións poderán remitirse ata o xoves 4 de setembro polas seguintes vías:
Correo electrónico: tenenciadealcaldia@salcedadecaselas.es (no modelo adxunto)
Directamente na Concellería de Deportes ou Pavillón Municipal.

Inauguración circuíto Pump Track-Dirt Jump “O Torrón”

O circuito comenzará a súa andaina nun acto de inauguración o 23 de agosto, que dará comenzo ás 17:00 horas e pechará cunha cronometraxe ás 20:00 horas.
Máis información e inscricións na Concellería de Deportes ou nos correos electrónicos: madeinsalceda@gmail.com e tenenciadealcaldia@salcedadecaselas.es
Neste artigo están adxuntos a folla de inscrición de participantes e a autorización para menores de idade.