Cultura e festas

2015.12.09 Alimentos

Festival benéfico a favor do Programa de Alimentos

A Concellaría de Cultura e Benestar Social do Concello de Salceda de Caselas, dirixida por Tere Pérez, ultima os detalles dos preparativos do festival solidario que se vai celebrar o vindeiro domingo 13 de decembro no Pavillón de Deportes Municipal e que espera recoller centos de quilos de alimentos non perecedeiros para incorporar ao Programa de Alimentos Municipal.

2015.11.17 Zunzunegui

Salceda homenaxea ao Doutor Zunzunegui

A presentación do libro serve como punto de partida a unha semana adicada ao Dr. Zunzunegui. O vindeiro sábado 21 de novembro, Salceda de Caselas acollerá un acto de homenaxe ao mesmo, que se iniciará ás 11:30 no Cemiterio de Santa María, onde está soterrado, e no que se levará a cabo unha ofrenda floral. A continuación, xa a partir das 12:30, levarase a cabo o acto de homenaxe diante da vivenda que construíu no Concello, na Avenida que hoxe leva o seu nome.

III Ruta Pincho Folk

22 establecementos hosteleiros participarán no evento acompañados dos grupos de música tradicional de Salceda e arredores. A ruta vaise celebrar durante os venres e sábados do 11 de setembro ao 3 de outubro (ambos incluídos).