Cultura e festas

Salceda acolle a mostra fotográfica “Éxodus”

A mostra, elaborada polos fotoxornalistas galegos Felipe Carnotto e Adrián Irago entre os meses de setembro e outubro de 2015, documenta as vivencias dos refuxiados e refuxiadas que foxen de distintos conflitos bélicos para chegar a Lesbos e percorrer os Balcáns na procura dun novo fogar en Europa.

Salceda adicará o Estourazo deste ano ao mundo do Rallie

O Estourazo homenaxea cada ano a un colectivo, e este ano é o turno de rendir homenaxe ao mundo do motor. Para elo participarán no evento pilotos do municipio salcedense, así como representantes das Escuderías DONA URRACA e SURCO.

Salceda acolle o II Festival Solidario da Canción

A Concellería de Cultura e Benestar Social do Concello de Salceda de Caselas organiza o II Festival Solidario da Canción, que terá lugar na Praza do Concello o venres 15 de xullo, pechando a programación do Verán Cultural.