Comercio e consumo

Praza de Abastos

O Pleno de Salceda aproba a Segunda Fase do Proxecto de Mellora da Praza de Abastos

O Pleno do Concello de Salceda de Caselas ven de aprobar o proxecto de investimento para a Segunda Fase de Mellora da Praza de Abastos, que se ven de presentar na convocatoria de subvencións da Consellería de Economía e Industria para a mellora dos mercados municipais e prazas de abastos, así como dos espazos do comercio non sedentario.

FESTA2014 077

Salceda regula a actividade dos furanchos

O Concello de Salceda de Caselas ven de aprobar a primeira ordenanza municipal reguladora da actividade dos furanchos. A ordenanza ven de entrar en vigor este mesmo mes, despois da súa aprobación inicial o pasado mes de decembro e sen que se producise alegación algunha ao texto proposto dende a Concellaría de Comercio que dirixe Loli Castiñeira