Comercio e consumo

Chega a VI ruta do Pincho Folk

Tralo enorme éxito acadado os anos anteriores, as Concelleiras de Comercio e Cultura do Concello de Salceda, Loli Castiñeira e Tere Pérez, acompañadas dunha representación dos hosteleiros e hosteleiras da vila, veñen de presentar a VI Ruta Pincho Folk, que se vai celebrar durante os venres e sábados do 7 ao 29 de setembro

Máis de 12.000 bocadillos vendidos na primeira edición do Bocaselas

A primeira edición do Bocaselas rematou este sábado 12 de maio, cun balance de éxito absoluto. Partindo dunha previsión inicial duns 7.000 bocadillos, o certo é que a cifra case se duplicou ao longo das catro fins de semana de Bocaselas, superando os 12.000 bocadillos vendidos.

A Praza de Abastos, referencia en toda a comarca

A Praza de Abastos de Salceda conta con un novo sistema de iluminación que dá resposta a unha demanda trasladada polas persoas que ocupan os diferentes postos de venta no inmoble, que consideraban insuficiente o sistema de iluminación existente ata o de agora.