Alcaldía

Desaparecen dous carballos da carballeira municipal do Souto

A policía local do Concello de Salceda de Caselas ven de realizar informe para a apertura do expediente de investigación da desaparición de dous carballos do espazo municipal denominado “Carballeira do Souto”, no barrio do Pomar de Suso.

Endurécense os controis covid en Salceda de Caselas

Garda Civil e policía local intensificaron os controis COVID nos últimos días no municipio de Salceda de Caselas, que se mantén con 0 casos activos de coronavirus dende o pasado 23 de marzo. Precisamente para poder manter ese excelente dato, nestes días estanse a intensificar as tarefas de vixianza.

Salceda traballa en bonificacións sociais no IBI

O Equipo de Goberno do Concello de Salceda traballa na modificación da ordenanza reguladora do IBI, na liña de poder realizar bonificacións ás persoas e familias máis desfavorecidas despois de revisión anunciada unilateralmente dende o catastro