Alcaldía

O programa Xuntas atendeu ás mulleres de Salceda, Salvaterra e As Neves

Rematado o Programa Xuntas de xestión compartida entre os Concellos de Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño e As Neves compre unha valoración do Programa, consolidado nesta segunda edición conxunta, e financiado pola Unión Europea a través de Fondos Europeos e a Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia co obxectivo de previr a a violencia de xénero e de mellorar a situación das vítimas de violencia de xénero e das mulleres en situación de especial vulnerabilidade.

Salceda volve encherse de pinchos co seu concurso

A veciñanza de Salceda e arredores está convidada ao Concurso de Pinchos, que regresa nunha terceira edición que se desenvolverá os días 3, 4, 10 e 11 de novembro coa participación de 11 establecementos de hostalería do Concello.

O Concello de Salceda recibe máis de 500.000 € para un obradoiro de emprego

O Concello de Salceda de Caselas vén de recibir a comunicación da concesión de 531.046,20€ para un obradoiro de emprego por parte da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade. Neste caso a acción acollerá a 20 persoas, 10 no campo da albanelería e outras 10 no da carpintería de madeira, que durante un ano se encargarán das obras de reforma de diferentes edificios municipais.

15 vivendas únense á rede de saneamento na parroquia da Picoña

A semana pasada deron comezo as obras do proxecto de saneamento dos barrios da Ataúde e A Arrotea, na parroquia da Picoña, que lle vai permitir a 15 casas contar con este servizo esencial. Os últimos detalles revisáronse a pé de obra coa Alcaldesa, Loli Castiñeira, a empresa constructora, a empresa redactora do proxecto, e o xerente do Consorcio do Louro.