Alcaldía

Pleno Extraordinario

Aquí podes seguir a sesión extraordinaria do Pleno convocado para o 22 de xaneiro ás 9:30

Concello de Salceda e Confederación Hidrográfica Miño-Sil camiñarán da man na consecución do saneamento para Entenza e Soutelo

O Presidente da Confederación comprometeuse a estudiar as posibilidades de investir no saneamento das parroquias de Entenza e Soutelo unha vez se estableza a partida orzamentaria nos orzamentos xerais do Estado, establecendo este tipo de investimentos como prioritarios. O Concello traballa xa na actualización dos proxectos de saneamento existentes para estas dúas parroquias para facelos chegar canto antes.

O programa Xuntas atendeu ás mulleres de Salceda, Salvaterra e As Neves

Rematado o Programa Xuntas de xestión compartida entre os Concellos de Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño e As Neves compre unha valoración do Programa, consolidado nesta segunda edición conxunta, e financiado pola Unión Europea a través de Fondos Europeos e a Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia co obxectivo de previr a a violencia de xénero e de mellorar a situación das vítimas de violencia de xénero e das mulleres en situación de especial vulnerabilidade.