Melloras de aforro enerxético no Pavillón Municipal

O Concello de Salceda de Caselas ven de levar a cabo a obra de mellora de iluminación no Pavillón de Deportes Municipal, pensada fundamentalmente para lograr un maior aforro enerxético. Así, procedeuse á sustitución das vellas lámpadas da pista deportiva, pasando a instalar unhs novas luminarias LED, así como nas pistas deportivas exteriores, no propio complexo deportivo de Altamira, que agora pasan a contar con este tipo de iluminación moito máis eficiente, subsanando ao mesmo tempo algunas deficiencias na homoxeneidade da iluminación que se tiñan detectado en ditas pistas deportivas.

A mellora levouse a cabo dentro das subvencións aos proxectos dinamizadores das áreas rurais de Galicia para proxectos de aforro e eficiencia enerxética na administración local 2016, da Consellería de Economía, Emprego e Industria a través do INEGA, financiada con fondos FEADER. Para esta acción, cóntase con un orzamento de 17.726,50 €, dos cales o Concello asume 6.739 €.

Esta mellora súmase a diferentes acción levadas a cabo nos últimos meses, o que deixa un Pavillón de Deportes en óptimas condicións para as diferentes actividades que acolle. Lembremos que o Pavillón de Deportes é utilizado diariamente polo CEP Altamira, polas Escolas Deportivas Municipais e polos diferentes clubes deportivos, acollendo actividades diversas como baloncesto, balonmán, patinaxe, judo, bádminton, futbol sala…

Carla Pérez, Concelleira de Deportes: “Nun Concello dinámico como o noso resulta fundamental ofrecer as mellores instalacións para a práctica deportiva. Con estas melloras damos resposta ás demandas plantexadas polos clubes deportivos, facendo así que Salceda siga a ser referente no deporte en moitos outros Concellos”.

Marcos Besada, Alcalde de Salceda: “Seguimos a traballar polos clubes e as asociacións. Eles realizan unha labor fundamental na nosa sociedade, sobre todo cos máis pequenos, e todos os esforzos son poucos para agredecerlles ese enorme traballo”