Mellora da Rede de Abastecemento no Casco Urbano

Obras Consorcio

O Consorcio de Augas do Louro ven de rematar os traballos de mellora na rede de abastecemento do núcleo de Salceda para aumentar en 2 Kg/cm2 a presión de suministro nas partes altas da vila.

Con este obxectivo abasteceuse directamente dende o novo depósito de Bouzavedra e instaláronse reductoras de presión nas rúas Victoriano Pérez Vidal e Rosalía de Castro, evitando roturas nas partes más baixas do núcleo urbán.

Tamén se instalaron ventosas para a eliminación de aire nas tuberías, evitando así episodios como o acontecido o pasado mes de Maio onde a auga non chegou ás vivendas situadas nas partes altas.

O Consorcio informou mediante notas de aviso ós edificios afectados por este aumento de presión, para que adapten as súas instalacións ás novas condicións de abastecemento se fose preciso.

Mañá venres 17 de outubro empezará a realizarse o suministro de auga a través destes novos dispositivos.

A Concellería de Abastecemento de Auga que dirixe Loli Castiñeira, destaca a importancia desta obra, unha vella demanda dos veciños e veciñas de Salceda, sobre todo das vivendas situadas na parte máis alta da Rúa Victoriano Pérez Vidal, que por fin van recibir un servizo de calidade.